O 17 de decembro voltamos á Coruña.

http://amigosdelacordeondeacoruna.blogspot.com.es/

Tal e como anuncia a Asociación de amigos do acordeón da Coruña na súa páxina, o vindeiro sábado 17 de decembro estaremos na cidade herculina para poñer as nosas notas na súa xuntanza de Nadal, que terá lugar no Centro Cívico Municipal dos Mallos ás 19 horas do serán.

O noso programa estará composto por unha escolma de música galega, con algunha que outra sorpresa. Estamos traballando para renova-lo noso repertorio e poder ofrecer moitas estreas esta tempada, que agardamos chea de novos proxectos.

Advertisements

Concerto de Nadal na Residencia da 3ª Idade de Caranza

Seguindo a estela do ano pasado, esta mañá estivemos na Residencia da 3ª Idade de Caranza, en Ferrol, facendo música para amenizarlles estas festas aos nosos maiores. Esta experiencia xa fora moi gratificante para nós a vez anterior, e por iso non dubidamos nin un segundo en aceptar de novo a invitación, salvo para poñernos dacordo na data axeitada dentro das nosas complexas axendas.

Tocar para os nosos maiores é unha experiencia moi bonita, sobre todo nestas datas do Nadal, sen dúbida é o público ao que máis conseguimos emocionar e o que máis interactúa connosco. Non fai falla dicir que para un músico, sentir que co que fai emociona aos demáis é o mellor agasallo que pode recibir. É por iso que agardamos poder continuar con esta tradición de regalar un anaco do noso tempo e da nosa música a quenes tanto o saben agradecer, e que tamén tanto o merecen despois dunha longa vida.

O programa foi o seguinte:

  • In the mood
  • A Coruña – Pasodobre
  • Tico-Tico
  • Churrusqueira – Xota galega
  • Bésame mucho
  • Pasodobre do Berbés & pasodobre de Viascón – Tradicional galega
  • Paquito el chocolatero
  • Perfidia
  • Foliada dos Morenos de Lavadores – Tradicional galega
  • Aires de rumba – Tradicional galega
  • Danza na Taiga – sobre temas rusos

E como bises:

  • Cubanola – cumbia
  • Das grosse tango medley

Festival do acordeón na Coruña

O vindeiro venres, 18 de decembro, participaremos no Festival do Acordeón organizado pola Asociación de amigos do acordeón da Coruña.

O noso programa:

  • In the mood
  • Tico-Tico
  • Churrusqueira
  • A Coruña
  • Bésame mucho
  • Pasodobre do Berbés & Pasodobre de Viascón.
  • Tango para Claudio
  • Foliada dos Morenos
  • Cubanola
  • Danza na Taiga

PARTICIPANTES:

–         GRUPO DE ACORDEONISTAS DA ASOCIACIÓN

–         VÍCTOR VÁZQUEZ

–         ORQUESTRA DE ACORDEÓNS “LEMBRANZAS” DE NARÓN

NOTA DE HUMOR: TITO DE VALCARCE

PRESENTA: Mª CARMEN VIZCAÍNO

 

Venres, 18 de decembro de 2015

19 horas

Paraninfo do Instituto Eusebio da Guarda

Xuntanza de acordeonistas na Coruña

Cartel da Xuntanza de Nadal 2014 da “Asociación de amigos do acordeón da Coruña”

O vindeiro sábado a Orquestra “Lembranzas” de Narón actuará na Xuntanza de Nadal da asociación de amigos do acordeón da Coruña que se celebrará no Liceo “La Paz” da cidade herculina. Trátase dunha cita xa clásica no calendario de actuacións da agrupación.

XUNTANZA DE ACORDEONISTAS
NADAL 2014

Sábado 6 de decembro, 19:00 horas do serán
Salón de actos do Colexio Liceo La Paz – A Coruña

Reset

Tras un longo período sen apenas publicar nin actualizar nada, iniciamos unha nova etapa mudando o blogue por completo pero sen perder nada. Quén sabe qué sorpresas nos agardan neste novo camiño, a idea é facer unha páxina máis participativa contando coa colaboración de todos.

009
Imaxe de arquivo: Orquestra Lembranzas

Audio do Concerto en Pontedeume

Aquí podedes escoitar en formato .mp3 os temas que executamos no concerto do pasado martes 30 de agosto na Casa da Cultura de Pontedeume.

O noso agradecemento ao excmo. Concello de Pontedeume e ao público que tan calurosamente nos acolleu.

Concerto en Pontedeume

Orquestra de Acordeóns “Lembranzas” – Narón.

Programa

  • Alcázar (Obertura española) ··· Llano
  • Das Grosse Tango Medley(Poutppourri de tangos) ··· Willi Valotti
  • Summer Nights ··· Jim Jacobs
  • Foliada dos Morenos ··· Tradicional. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  • Bésame Mucho ··· Consuelo Velázquez
  • El Cumbanchero ··· Rafael Hernández
  • A Coruña (pasodobre) ··· Roger Rosso
  • Churrusqueira (Xota) ··· Enrique García Rey
  • Dende o Volga ao Ural (Folklore Ruso) ··· Helmut Herold
  • In the mood ··· Joe Garland
  • Tico-Tico ··· Zequinha de Abreu
  • A Escalona (pasodobre) ··· Milan Novotny
  • The Pink Panther (A pantera rosa) ··· Henry Mancini
  • Perfidia (bolero) ··· Alberto Barroso Domínguez
  • O Berbés (pasodobre)/Pasodobre de Viascón ··· Ricardo Portela
  • Tango para Claudio ··· Richard Galliano
  • Brazil ··· Ary Evangelista Barroso
  • Tanz in der Taiga (Danza na Taiga) ··· Manfred Probst

30 de Agosto de 2011

20:30 horas

Casa da Cultura, PONTEDEUME (A Coruña)

Actuación en Neda

O vindeiro sábado, día 3 de xullo, a orquestra lembranzas actuará no Festival da canción mariñeira da Vila de Neda, xunto coa rondalla “Lucero del alba” dirixida por Angel Carro Guzmán e a Xove Banda de Narón, baixo a batuta de Francisco San Ramón Calvo.

Iremos actualizando información sobre esta actuación nos vindeiros días…

Orquestra "Lembranzas" e Grupo de Cámara "Azabache" de Narón